Isaac Maceiras,

alcalde da

Pobra do Caramiñal

Blog

AXENDA TELEFÓNICA

Ayuntamiento de A Pobra do Caramiñal Concello da Pobra do Caramiñal

C/Gasset Nº28, 15940 A Coruña

Teléfonos de Interese

  • Concello (Centraliña)
  • 981 843 280
  • Biblioteca Municipal
  • 981 831 633
  • Museo Valle-Inclán
  • 981 831 662
  • Oficina de Turismo
  • 671 090 262 / 687 482 835
  • Oficina de Deportes
  • 981 832 590

máis teléfonosMáis Teléfonos

O TEMPO

A Pobra do Caramiñal, GA

Nublado

Condición: Nublado

Temperatura: 7°C

Humedad: 93%

  • dom

    Posibilidad de tormenta

    14°C | 5°C

  • lun

    Posibilidad de lluvia

    15°C | 8°C

  • mar

    Mayormente soleado

    18°C | 8°C

SERVIZOS MUNICIPAIS

» Perfil do Contratante

Mantéñase informado en todo momento sobre a contratación do Concello.

Perfil do Contrante

» Subvencións

Acceda a esta sección para obter información acerca das subvencións actuais.

Subvencións

máis servizosMáis Servizos

ICONOS DA CULTURA

Descubra os iconos culturais máis importantes da Pobra do Caramiñal como: o Museo Valle-Inclán, os Pazos...

Cultura

INFORMACIÓN PRÁCTICA

Punto Limpo

Horario do Punto Limpo: de Luns a Sábado de 10:00 a 13:00

Horario do Punto Limpo

Piscina Municipal

Descargue información referente á Piscina Municipal e mantéñase informado en todo momento.

Icono Titulo Alumnos de Salceda de Caselas polas terras de Valle-inclán

linea_h1

Alumnos de Salceda de Caselas polas terras de Valle-inclán

Por terceiro ano consecutivo pasaron os alumnos do IES de Salceda de Caselas pola Pobra do Caramiñal na xornada do xoves 2 de febreiro, cumprindo así co que xa empeza a ser unha visita tradicional deste centro educativo.

Un grupo de 55 persoas entre alumnos e mestres, comezaron a súa visita achegándose ás instalacións do Museo Valle-Inclán, onde foron guiados a través das súas dependencias pola técnica do centro, Begoña Olveira, e onde, unha vez máis quixeron colaborar coa posta en escena dalgúns textos saídos da pluma de don Ramón, entre os que non podían faltar fragmentos de “Sonata de otoño”.

O percorrido continuou fóra da Torre de Bermúdez cun paseo guiado ó longo dos lugares máis ligados ó escritor dentro da vila pobrense, pasando por Villa Eugenia, a farmacia de Tato, e a Casa Grande de Aguiar, onde de xeito complementario, estes rapaces puideron coñecer parte da historia do entorno do Castelo, o antigo barrio xudeu, a igrexa de Santiago do Deán, e dos pazos. Tamén aquí, ó pé dos muros que pechan Aguiar e O Couto, puxeron novamente en escena a lectura de fragmentos dalgunhas obras de Valle-inclán.

Logo de comer, este grupo de Salceda completou o seu paseo subindo ó miradoiro da Curota e achegándose ata o entorno do dolmen de Axeitos.

Alumnos de Salceda de Caselas polas terras de Valle-inclán Alumnos de Salceda de Caselas polas terras de Valle-inclán Alumnos de Salceda de Caselas polas terras de Valle-inclán Alumnos de Salceda de Caselas polas terras de Valle-inclán Alumnos de Salceda de Caselas polas terras de Valle-inclán